jueves, 13 de febrero de 2014

Os volcáns



Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma(rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira,gas e aerosois na atmosfera,podendo causar arrefriamento climático temporal.
Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros. Ao conduto que comunica o reservorio de magma ou cámara magmática en profundidade coa superficie denomínaselle cheminea. Esta termina na cima do edificio volcánico, o cal esta rematado por unha depresión ou crater.
                                                                                    De mary...

No hay comentarios:

Publicar un comentario