sábado, 22 de junio de 2013

martes, 18 de junio de 2013

VIDEOS DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO


FIN DE CURSO

Chegou  final do curso e o merecido descanso para todos os que non estiveron de vacacións todo o ano. Xa sabedes....

A maioría traballou moito neste curso. Agora chega o momento de descansar, pero para celebralo todo os alumnos de 4º 5º e 6º quixeron facer un festival.

Aí van as fotos e os videos.






















lunes, 17 de junio de 2013

GRANDES EDIFICIOS





GRANDES EDIFICIOS
 
IDADE ANTIGA A . C

TORRE DE BABEL:
A torre de babel é un Cigurat, mesopotámico, unha edificación clave na tradición xudeu-cristiá , mencionada no antigo testamento.
Coa construción da torre os homes pretendían chegar ao ceo.
A torre de Babel foi destruída.





A ESTATUA DE ZEUS

A estatua de Zeus de Olimpia foi considerada unha das sete marabillas do mundo antigo.
No ano 394 foi transportada a Constantinopla ( actual Istambul ) onde se destruíu a causa dun incendio.


FARO DE ALEXANDRÍA
O faro de Alexandría e unha torre construída no século III
a. C e foi unha das sete marabillas do mundo antigo.
Foi construída na illa de Pharos, fronte Alexandría.
Os romanos cristianizados o destruíron.
 
IDADE ANTIGA D . C
 
COLISEO
O Coliseo é un anfiteatro romano, con total probabilidade o máis famoso do mundo. Ten unha capacidade de 50.000 espectadores.
Nel loitaban os gladiadores
 

IDADE MEDIA
 
SANTA SOFÍA
Sta. Sofía de Constantinopla ( Istambul actual ) considerase a obra máis importante da era Bizantina.
Foi empregada como igrexa durante 916 anos.
 

CATEDRAL DE AACHENA catedral de Aachen, tamén coñecida como a Catedral Imperial de Aachen (Kaiserdom en alemán) é a catedral máis antiga do norte de Europa. Carlomagno comezou a construción da Capela Palatina no 786, pero foi sucesivamente ampliada nos mil anos seguintes, polo que inclúe gran variedade de estilos arquitectónicos diferentes.
 
CATEDRAL DE NOTRE-DAME
A catedral de Notre-Dame, non é a meirande catedral do país de Francia, máis é, sen dubida, unha das máis importantes da arquitectura do seu país.
 
BASÍLICA DE SAN MARCOS
A basílica de San Marcos é a máis famosa das igrexas de Venecia e un dos exemplos máis coñecidos de arquitectura bizantina. Situada na Praza de San Marcos e conectada co Palacio do Dogo, é a sé do Patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.
 
O CASTEL DO MONTE
O castel do monte ( en galego Castelo do monte ) foi unha das máis importantes construcións Italianas.
Ten forma octogonal e ten unha torre en cada punta.

A CATEDRAL DE SAN BASILIO
A catedral de San Basilio, é un templo ortodoxo, localizado na praza vermella de Moscú, Rusia.
E coñecida especialmente polas súas cúpulas en forma de bulbo.

IDADE MODERNA

DEAL CASTLE

O Deal Castle, é unha fortificación de artillería costeira en Deal, Kent, Inglaterra.
Ten a forma da rosa Tudor.
 

Daniel Fernández Filloy