martes, 16 de octubre de 2012

miércoles, 10 de octubre de 2012

Poesia de manuel Luis Acuña


EU, UN PARVIÑO DAQUELA


A min gustóume debido a que Manuel soupo representar nesta poesía como vivía a xente, como a xente sufría e mataba.
Comentario de Nacho.


viernes, 5 de octubre de 2012

O mundo privado das plantas

-->

A VIDA PRIVADA DAS PLANTAS
                                                           Por Daniel Fernández Filloy
As plantas
Son moi curiosas.
Por exemplo as silvas crecen movéndose cara onde hai
espazo e ten unas espiñas para poder pasar por calquera superficie .Chegan a medrar 7 centímetros.
Os fungos poden producir tantas sementes que se medrasen todas, serían 7 veces a Terra. Unha especie de fungo que medra no outono, cando lle cae una soa pinga de auga expulsa miles de millóns de sementes.
Moitas das sementes, transpórtanse e xerminan grazas aos excrementos dos animais.
O ``Castaño Brasileiro´´ ten unha cortiza da dureza e peso dunha bola de canón. Un roedor da zona, ten a forza suficiente como para abrila e comela; pero como non lle entra todo na barriga entérrao, e ao día seguinte xa non o topa porque ten moi mala memoria, e así a semente xermina e crece a árbore.
Hai unha planta que garda as sementes nunha especie de xudía xigante . Ten uns sucos entre cada semente que serven para que podan caer ao río. Ao transcurso dun ano a semente chega a unha illa ou pérdese no mar.
Hai unha planta que ten moitos ganchos, e ao pasar animais con moito pelo engánchanselle na pelaxe. Cando se da conta, xa se afastou da planta. De seguido quítase os enganches que teñen as sementes, e así medra unha nova planta.




As plantas inventaron o helicóptero e o avión antes ca nos para transportar as sementes.
Hai unha especie de planta que vive nos bosques, nos que hai incendios estacionais. Cando se queima morre, e unha hora despois bota as sementes que xerminan na cinza.

NEGRA SOMBRA- Rosalía de Castro

-->
Cando penso que te fuches,

negra sombra que me asombras,

ó pé dos meus cabezales

tornas facéndome mofa.


Cando maxino que es ida,

no mesmo sol te me amostras,

i eres a estrela que brila,

i eres o vento que zoa.


Si cantan, es ti que cantas,

Si choran ,es ti que choras,

i es o marmurio do río

i es a noite i es a aurora.



En todo estás e ti es todo,

pra min i en min mesma moras,

nin me abandonarás nunca
,
sombra que sempre me asombras.



                                                  Recollido por Nacho

-->